menú

sistema de xestión

R basea a súa estratexia de traballo nun sistema de xestión cunha política de aplicación global que integra as políticas da compañía e que se despregan nas distintas áreas e que abarcan todas as actividades relacionadas cos seus negocios e servizos.

Este Sistema de Xestión estase a validar con externos recoñecidos de forma progresiva, téndose certificado en 2017 conforme ás normas ISO de Xestión de Calidade, Xestión de Ambiental e de Seguridade da Información.

Os nosos certificados están dispoñibles para a súa consulta nas seguintes ligazóns:



As prácticas de xestión fóronse enriqueciendo mediante a aplicación de diferentes conceptos tomados de referentes como a Calidade Total, a Excelencia na Xestión, a Innovación e outros que forman parte do concepto de Xestión Avanzada que é a base da nosa actual aposta por incrementar a nosa competitividade nun mercado globalizado e con grandes competidores.