menú

residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

que é?

os Aparellos Eléctricos e Electrónicos (AEE) son todos os aparellos que para funcionar necesitan corrente eléctrica, unha pila ou un acumulador (móbiles, routers, decodificadores...).

a fabricación de AEE é un sector industrial con gran crecemento porque os ciclos de innovación destes equipos son cada vez máis breves e a substitución dos aparellos acelérase, convertendo os AEE nunha fonte crecente de residuos. A xestión destes residuos requírenos a todos tomar medidas e facer esforzos para:
  • garantir a recollida selectiva dos AEE usados.
  • destinar á reutilización aqueles que aínda poidan ter unha segunda vida.
  • mellorar o proceso de reciclaxe dos RAEE.

cal é o noso papel como consumidores?

non está permitido por lei desbotar os AEE no colector de residuos domésticos ou en calquera outro colector non destinado a estes produtos. Con todo, existe a posibilidade de desbotalos nun punto limpo de recollida.

os AEE poden conter substancias perigosas e/ou nocivas, por tanto, ao desfacernos destes produtos de maneira correcta contribuímos a preservar a nosa contorna.

se o teu AEE usado aínda está en boas condicións ou pode ser reparado, podes doalo a algunha organización ONG ou darllo a alguén que o necesite. Ao estender a vida dos nosos AEE usados estamos a contribuír a unha utilización eficiente dos recursos, así como evitando que se xeren residuos adicionais.

hai outras vías?

cando compras un AEE de R podes entregar en calquera das nosas tendas o equipo vello para que sexa reutilizado ou reciclado.

todos os AEE que voluntariamente decidas reciclar serán recolleitos e tratados en centros especializados de reciclaxe cumprindo a lexislación vixente, así estarás a contribuír a preservar a nosa contorna.

antes de levar a cabo dita devolución asegúrate por favor de que retiraches as pilas, que deberán ser desbotadas nos colectores destinados para ese efecto.