suspensión temporal
a suspensión temporal é un servizo exclusivo dos clientes de fixo conectados á nosa rede de fibra, polo cal se recibe un servizo restrinxido a un menor prezo que o habitual. Podes solicitar a suspensión temporal do servizo contratado con R por un tempo mínimo dun mes e un máximo de nove meses por ano natural.
tes dúas opcións
- suspensión temporal con chamadas: consiste en desconectar os servizos de internet e televisión incluídos no teu combo. Continuarías a desfrutar de chamadas a fixos nacionais por 25€/mes. Se tes un móbilR con tarifa plana 20GB ou superior, manterás o teu desconto no móbil por ter o fixo con R.
- suspensión temporal sen chamadas: consiste en desconectar por petición do cliente os servizos incluídos no combo contratado a excepción da recepción de chamadas e emisión de números de emerxencia, e o servizo de antena de televisión. O servizo de contestador avanzado non está dispoñible durante a suspensión sen chamadas. Prezo: 15€/mes. Se tes un móbilR con tarifa plana 20GB ou superior, manterás o teu desconto no móbil por ter o fixo con R.
durante a suspensión
mentres dure a supensión, podes seguir recibindo chamadas. Non obstante, non poderás navegar por internet dende o enderezo no que tes activada a suspensión do servizo nin tampoco poderás ver a televisión nin acceder a rebobina (podes ver a emisión en aberto da televisión de R só no caso de que teñas un deco SD ou HD).
solicitude
se desexas solicitar a suspensión temporal dalgún servizo de R, estes son os pasos que debes seguir:
- chama ao teléfono de atención gratuíta ao cliente, o 1449, indicando que desexas suspender o servizo de forma temporal.
- poderás tramitar a suspensión a través do mesmo teléfono 1449, identificándote co teu NIF e cos seis últimos díxitos da túa conta bancaria, ou ben podes solicitala enviando un fax ao 900 825 582 coa seguinte información:
- nome e apelidos ou, no seu caso, razón social da empresa
- DNI ou CIF
- indicar que se solicita a suspensión temporal
- servizo ou servizos contratados que desexas suspender
- enderezo do domicilio ou empresa onde se recibe o servizo