menú

compromisos dos niveis individuais de calidade incluidos nos contratos

tempo de suministro da conexión inicial (servicio fijo)

O tempo de suministro da conexión inicial defínese como o tempo que transcorre deste a primeira comunicación usuario-operador, pola que se acepte a solicitude de conexión á rede desde unha ubicación fixa do usuario por parte do operador, ata o momento no que o usuario teña dispoñible o servizo.

O nivel individual de calidade incluido nos contratos de R en relación ao tempo de suministro da conexión inicial, o importe da indemnización en caso de incumprimento do nivel de calidade e o procedemento para facer efectiva a indemnización amósase a continuación:

compromiso cantidade procedemento
30 días exención de pago da cotas mensuais de abono nun número equivalente ao número de meses, ou fracción, en que se superou o prazo de compromiso. previa petición

Pode consultar esta ligazón para obter máis información

 

tempo de interrupción do servizo

O tempo de interrupción do servicio defínese como a suma de tempos transcorridos, ao longo dun período de observación, desde o intre en que se produciu a rotura ou inutilización por degradación do servizo ou elemento do servizo ata o momento en que se restableceu ao seu normal funcionamento.

A continuación amósase:

  • O valor do compromiso de calidade relativo ao tempo de interrupción do servizo expresado en número enteiro de horas naturais acumuladas ao longo dun periodo de observación, coincidente co periodo de facturación ou cun mes natural para o caso dos aboados suxeitos á modalidade de prepago.
  • A cantidade da indemnización en caso de incumprimento do nivel de compromiso.
  • O procedemento para facer efectiva a indemnización amósase a continuación:

     

      compromiso cantidade procedemento
    servizo telefónico fixo 48 horas

    a maior das dúas seguintes:

    a) o promedio do importe facturado por todos os servizos interrumpidos durante os tres (3) meses anteriores á interrupción, prorrateado polo tempo que durara a interrupción. No caso dunha antigüidade inferior a tres (3) meses, atenderase ao importe da factura media nas mensualidades completas efectuadas, ou á que se obtivera nunha mensualidade estimada de forma proporcional ao período de consumo efectivo realizado

    b) cinco (5) veces a cota mensual de abono vixente no momento da interrupción, prorrateado polo tempo de duración desta

    previa petición
    servizo telefónico móbil 48 horas o importe da cota de abono prorrateado polo tempo de efectiva interrupción do servizo previa petición no prazo de dez días
    servizo de acceso a internet fixo 48 horas o importe da cota de abono prorrateado polo tempo de efectiva interrupción d servizo explicación automática se resulta por un importe superior a 1 euro

    Pode consultar esta ligazón para obter máis información

     

    ministerio de Industria, Energia y Turismo
    ministerio de Industria, Energia y Turismo

    esta información facilítase dacordo co establecido polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital na Orde IET/1090/2014, do 16 de xuño, pola que se regulan as condicións relativas á calidade de servizo na prestación dos servicizos de comunicacións electrónicas.