menú

suspensión temporal

a suspensión temporal é un servizo exclusivo dos clientes de fixo conectados á nosa rede de fibra, polo cal se recibe un servizo restrinxido a un menor prezo que o habitual. Podes solicitar a suspensión temporal do servizo contratado con R por un tempo mínimo dun mes e un máximo de nove meses por ano natural.

tes dúas opcións

  • suspensión temporal con chamadas: consiste en desconectar os servizos de internet e televisión incluídos no teu combo. Continuarías a desfrutar de chamadas a fixos nacionais por 25€/mes. Se tes un móbilR con cota, o prezo é de 15€/mes
  • suspensión temporal sen chamadas: consiste en desconectar por petición do cliente os servizos incluídos no combo contratado a excepción da recepción de chamadas e emisión de números de emerxencia, e o servizo de antena de televisión. O servizo de contestador avanzado non está dispoñible durante a suspensión sen chamadas. Prezo: 15€/mes

 

durante a suspensión

mentres dure a supensión podes seguir recibindo chamadas e podes ver a emisión en aberto da televisión de R. Non obstante, non poderás navegar por internet dende o enderezo no que tes activada a suspensión do servizo nin tampoco poderás ver as canles de pagamento nin comprar eventos en PPV nin acceder ao vídeo baixo demanda.

 

solicitude

se desexas solicitar a suspensión temporal dalgún servizo de R, estes son os pasos que debes seguir:

  1. chama ao teléfono de atención gratuíta ao cliente, o 1449, indicando que desexas suspender o servizo de forma temporal.
  2. poderás tramitar a suspensión a través do mesmo teléfono 1449, identificándote co teu NIF e cos seis últimos díxitos da túa conta bancaria, ou ben podes solicitala enviando un fax ao 902 922 292 coa seguinte información:
    • nome e apelidos ou, no seu caso, razón social da empresa
    • DNI ou CIF
    • indicar que se solicita a suspensión temporal
    • servizo ou servizos contratados que desexas suspender
    • enderezo do domicilio ou empresa onde se recibe o servizo