podes solicitar a suspensión temporal do servizo contratado con R, por un tempo mínimo dun mes e un máximo de nove meses por ano natural. tes dúas opcións - suspensión temporal total: por 9€/mes+IVE (10,62 IVE incl) recibirás chamadas entrantes e poderás chamar unicamente aos servizos de emerxencia
- suspensión temporal sen restrición de chamadas*: por 25€/mes+IVE (29,5 IVE incl) permite chamadas saíntes coas tarifas vixentes (aplica a tarifa plana a fixos, pero non os bonos). Deste xeito pódese usar o contestador, o desvío de chamadas a outro teléfono e garántense servizos como o funcionamento dunha alarma ou da domótica do fogar.
durante a suspensión
mentres dure a supensión podes seguir recibindo chamadas e podes ver a emisión en aberto da televisión de R. Non obstante, non poderás navegar por internet dende o enderezo no que tes activada a suspensión do servizo nin tampoco poderás ver as canles de pagamento nin comprar eventos en PPV nin acceder ao vídeo baixo demanda.
solicitude
se desexas solicitar a suspensión temporal dalgún servizo de R, estes son os pasos que debes seguir:
1. chama ao teléfono de atención gratuíta ao cliente, o 1449, indicando que desexas suspender o servizo de maneira temporal
2. poderás tramitar a suspensión a través do mesmo teléfono 1449, identificándote co teu NIF e cos seis últimos díxitos da súa conta bancaria, ou ben podes solicitala enviando un fax ao 902 922 292 coa seguinte información: - nome e apelidos ou, no seu caso, razón social da empresa
- DNI ou CIF
- indicar que se solicita a suspensión temporal
- servizo ou servizos contratados que desexas suspender
- enderezo do domicilio ou empresa onde se recibe o servizo
* produto non dispoñible para combo1 sen opción de internet |